identifier	taxonID	type	CVterm	format	language	title	description	additionalInformationURL	UsageTerms	rights	Owner	contributor	creator	bibliographicCitation
03E41C06FF81AB08AFB5F8A22F6DCBAF.text	03E41C06FF81AB08AFB5F8A22F6DCBAF.taxon	http://purl.org/dc/dcmitype/Text	http://rs.tdwg.org/ontology/voc/SPMInfoItems#GeneralDescription	text/html	fr	Myrmosericus Forel 1912

Subxénero Myrmosericus Forel, 1912

Neste subxénero, a beira anterior do clípeo proxéctase anteriormente en forma dun lóbulo rectangular, o gáster é pubescente e o aspecto xeral resulta mate debido a unha microescultura reticulada (Cagniant, 1996). Ademais de Camponotus cruentatus (Latreille, 1802), o subxénero só conta con outra especie na Península, Camponotus micans (Nylander, 1856), de distribución moito máis meridional.

— Camponotus cruentatus (Latreille, 1802)

Distriḃese polo Magreb, Península Ibérica, sur de Francia e noroeste de Italia (Cagniant, 1996). Anteriormente coñecíase a especie de tres citas de zonas costeiras da provincia de Pontevedra (Collingw ood & Yarrow, 1969), ḋas en Ourense (Salvadores & Salvadores, 2016; García, 2021) e unha da serra do Courel (Castro-Ferreiro & Alonso-Díaz, 2023) (Fig. 1).

A especie é de tamaño grande (ata 13 mm) e aspecto mate. A coloración é en xeral escura, pero o mesosoma ten certo compoñente avermellado e o dorso do gáster está tinguido de laranxa (Fig. 2).

https://treatment.plazi.org/id/03E41C06FF81AB08AFB5F8A22F6DCBAF	Public Domain	No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.		Plazi	García, Fede	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF80AB08AFB5FC2E2B0ECFF0.text	03E41C06FF80AB08AFB5FC2E2B0ECFF0.taxon	http://purl.org/dc/dcmitype/Text	http://rs.tdwg.org/ontology/voc/SPMInfoItems#GeneralDescription	text/html	fr	Myrmentoma Forel 1912

Subxénero Myrmentoma Forel, 1912

Especies de tamaño mediano, sen que as maiores superen os 7 mm. O perfil sinuoso e truncado do propodeo fai que as ḋas especies coñecidas en Galicia sexan inconfundibles (Cagniant, 1996). Camponotus fallax (Nylander, 1856) é unha especie arborícola non atopada aínda en Galicia, pero que conta cun rexistro moi preto do límite (García, 2020). As demais especies ibéricas do subxénero teñen unha distribución ou moito máis meridional ou próxima ao Mediterráneo.

— Camponotus lateralis (Olivier, 1792)

Distribución mediterránea desde a Península Ibérica a Turquía, e norte de África (Seifert, 2019). En Galicia só hai ḋas citas en Pontevedra (Santschi, 1925; Collingw ood & Yarrow, 1969) (Fig. 3).

A coloración vermella de cabeza e mesosoma abonda para diferenciar esta especie da seguinte na maior parte de casos. En ocasións hai espécimes máis escuros, que distínguense da seguinte especie pola cutícula máis brillante na cabeza e un inferior desenvolvemento da pilosidade (Seifert, 2019) (Fig. 4).

https://treatment.plazi.org/id/03E41C06FF80AB08AFB5FC2E2B0ECFF0	Public Domain	No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.		Plazi	García, Fede	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF83AB0BAFB5FDC52E4BCE96.text	03E41C06FF83AB0BAFB5FDC52E4BCE96.taxon	http://purl.org/dc/dcmitype/Text	http://rs.tdwg.org/ontology/voc/SPMInfoItems#GeneralDescription	text/html	fr	Tanaemyrmex Ashmead 1905

Subxénero Tanaemyrmex Ashmead, 1905

Este subxénero caracterízase pola cutícula brillante, gáster pouco pubescente e o clípeo proxectado anteriormente nun lóbulo rectangular (Cagniant, 1996). As obreiras maiores poden superar o centímetro. Ademais de Camponotus pilicornis (Roger, 1859), hai outras tres Tanaemyrmex coñecidas en Galicia. Camponotus aethiops (Latreille, 1798) e Camponotus sylvaticus (Olivier, 1792) contan con algunhas citas galegas, sobre todo nas Rías Baixas (Collingwood & Yarrow, 1969). Camponotus universitatis Forel, 1890, unha parasita social sobre C. pilicornis e C. aethiops, foi citada en Verín (Tinaut et al., 1992). As demais especies ibéricas no subxénero teñen unha distribución moito máis meridional.

— Camponotus pilicornis (Roger, 1859)

Distriḃese na Península Ibérica e sur de Francia (Janicki et al., 2016). En Galicia coñécese de ḋas localidades en Pontevedra (Collingwood & Yarrow, 1969) e de unha en Ourense (Tinaut et al., 1992) (Fig. 7). Dentro do subxénero, caracterízase por presentar quetas nas xenas, e cor alaranxado en cabeza, mesosoma e nalġn caso na base do gastro. Nas mostras galegas, a parte superior do mesosoma das maiores acostuma a estar escurecida (Fig. 8). Todas as colonias estaban baixo pedras. Trátase dunha especie mediterránea de actividade crepuscular e nocturna.

https://treatment.plazi.org/id/03E41C06FF83AB0BAFB5FDC52E4BCE96	Public Domain	No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.		Plazi	García, Fede	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF83AB0AAFB5F9C629D9CB53.text	03E41C06FF83AB0AAFB5F9C629D9CB53.taxon	http://purl.org/dc/dcmitype/Text	http://rs.tdwg.org/ontology/voc/SPMInfoItems#GeneralDescription	text/html	fr	Camponotus Mayr 1861

Subxénero Camponotus Mayr, 1861

Formigas de tamaño grande, acadando algo máis dun centímetro, con clípeo coa beira anterior sen unha proxección rectangular e perfil do propodeo redondeado (Cagniant, 1996). Ademais de Camponotus vagus (Scopoli, 1763), as outras duas especies ibéricas do subxénero, Camponotus herculeanus (Linnaeus, 1758) e Camponotus ligniperda (Latreille, 1802) foron citadas dos Ancares de Lugo por García (2017). Estas ḋas especies diferéncianse de C. vagus polo mesosoma vermello (Seifert, 2018).

— Camponotus vagus (Scopoli, 1763)

Ten unha ampla distribución de Iberia a Siberia (Seifert, 2018). En Galicia hai ḋas citas, unha na ría de Vigo (Collingwood & Yarrow, 1969) e outra mais recente na serra do Courel (Castro-Ferreiro &

Alonso-Díaz, 2023) (Fig. 9). Caracterízase por ser uniformemente negra, con pubescencia densa e pilosidade abondosa (Fig. 10). Aniña en madeira (Seifert, 2018).

https://treatment.plazi.org/id/03E41C06FF83AB0AAFB5F9C629D9CB53	Public Domain	No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.		Plazi	García, Fede	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708