Microdon myrmicae Schönrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas, 2002

García, Fede García, 2018, Sobre alg ̇ ns mirmecófilos galegos, cunha especie nova para España, Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), e Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae) nova para Galicia., Arquivos Entomolóxicos 19, pp. 139-146 : 140

publication ID

https://doi.org/ 10.5281/zenodo.12767792

DOI

https://doi.org/10.5281/zenodo.12767802

persistent identifier

https://treatment.plazi.org/id/843687FD-FF96-4421-FF01-04F7FC0A9A4B

treatment provided by

Felipe

scientific name

Microdon myrmicae Schönrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas, 2002
status

 

Microdon myrmicae Schönrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas, 2002 View in CoL

Microdon Meigen, 1803 é View in CoL un xénero de sírfidos que precisan durante o seu desenvolvemento larvario das formigas. As ṡas larvas están moi modificadas, semellando lesmas (coma tales foron descritas orixinariamente), e vivindo dentro dos formigueiros, onde aliméntanse das larvas das formigas ( Speight, 2014). As poboacións ocupan extensións pequenas, e as femias presentan unha marcada filopatria, descendendo o éxito reprodutor moi rapidamente ao afastarse do formigueiro materno, como foi demostrado para Microdon mutabilis (Linnaeus, 1758) View in CoL por Elmes et al. (1999).

M. myrmicae View in CoL está distribuída por gran parte dos países europeos, parasitando formigas de diversas especies do xénero Myrmica Latreille, 1804 View in CoL ( Speight, 2014). En Iberia, M. myrmicae View in CoL era coñecida só para o norte de Portugal ( Tartally et al., 2013), polo que a presente cita é a primeira para España.

Nos imagos non é posible distinguila, en boa parte dos casos, da ṡa especie xemelga, Microdon mutabilis (Linnaeus, 1758) ( Speight & Sarthou, 2013) View in CoL , tamén citada para a fauna ibérica ( Marcos-García et al., 1998) . A diferenciación ten que vir, logo, pola morfoloxía do pupario ( Fig. 1 View Fig ), no que os órganos respiratorios anteriores de M. myrmicae View in CoL son máis longos có seu diámetro basal, mentres que en M. mutabilis View in CoL son máis curtos ( Schönrogge et al., 2002; Speight & Sarthou, 2013). A diferencia sinalada para a forma das mandíbulas nas claves de Speight & Sarthou (2013) foi rebatida por Schmid (2004).

Material estudado:

— Cova da Serpe, Guitiriz, Lugo. 26-IV- 2017. 43º6’6” N 7º55’16” O. 720 m. Prado ḣmido, con Erica tetralix , Calluna vulgaris , Drossera rotundifolia e Ulex sp. En terrón de herba, nas galerías e cámaras dun niño de Myrmica aloba Forel, 1909 . Observáronse catro puparios. Nun deles a parte anterior estaba rota, podéndose ver a pupa case ó final do seu desenvolvemento, da que xurdiu o imago uns días despóis ( Fig. 2 View Fig ). Descoñécese o ṅmero total de exemplares de Microdon que había no niño xa que non se escavou o formigueiro.

— Fraguas, Guitiriz, Lugo. 4-VII- 2018. 43º7’43” N 7º52’22” O. 470 m. Prado ḣmido con xuncos. Tamén en terrón de herba con M. aloba . Tres puparios baleiros, bastante deteriorados.

Medidas biométricas en micras (n=2): lonxitude da base do pupario=6708, lonxitude órgano respiratorio posterior=744, ancho na base do órgano respiratorio posterior= 944, lonxitude órgano respiratorio anterior=766, ancho na base do órgano respiratorio anterior= 522, relación lonxitude/ancho órgano respiratorio anterior=0,68.

M. aloba é un endemismo ibérico moi abondoso en Galicia, e xa era coñecida como hospedeira de M. myrmicae no norte de Portugal ( Tartally et al., 2013). O hábitat e a especie que parasita coinciden co que se coñece da bioloxía da especie.

O imago emerxendo é un feito coincidente co coñecido para a bioloxía da especie, que voa en maio ( Witek et al., 2012). O adulto é da forma dourada segundo Wolton (2017).

Un pupario de M. myrmicae foi depositado no Museu de Ciències Naturals de Barcelona ( MCNB) (rexistro MZB-2018-0372); o resto do material, na colección do autor.

MCNB

Museu de Ciències Naturals de Barcelona

Kingdom

Animalia

Phylum

Arthropoda

Class

Insecta

Order

Diptera

Family

Syrphidae

Genus

Microdon

Loc

Microdon myrmicae Schönrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas, 2002

García, Fede García 2018
2018
Loc

Microdon mutabilis (Linnaeus, 1758)

Speight & Sarthou 2013
2013
Loc

Microdon mutabilis (Linnaeus, 1758) (

Speight & Sarthou 2013
2013
Loc

M. mutabilis

Speight & Sarthou 2013
2013
Loc

M. myrmicae

Schonrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas 2002
2002
Loc

M. myrmicae

Schonrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas 2002
2002
Loc

M. myrmicae

Schonrogge, Barr, Wardlaw, Napper, Gardner, Breen, Elmes & Thomas 2002
2002
Loc

Myrmica

Latreille 1804
1804
Loc

Microdon

Meigen 1803
1803
Darwin Core Archive (for parent article) View in SIBiLS Plain XML RDF