Lasius umbratus (Nylander, 1846)
publication ID |
https://doi.org/ 10.5281/zenodo.12811002 |
persistent identifier |
https://treatment.plazi.org/id/03EF812D-D60E-656D-FF1A-FE2B1411F9A2 |
treatment provided by |
Felipe |
scientific name |
Lasius umbratus (Nylander, 1846) |
status |
|
Lasius umbratus (Nylander, 1846) View in CoL
— Mesón da Cabra, Guitiriz, Lugo, 43°10'42"N 7°49'47"O, 460 m, VIII-2003, beirarṙa. 2 raíñas, pola tardiña, durante o voo nupcial. Ademais facían o voo outras especies de Lasius s. str.
— Mesón Novo, Cervantes, Lugo, 42°49'36"N 6°56'00"O, 1180 m, 3-VII-2017, beirarṙa. 1 raíña.
— Parga, Guitiriz, Lugo, 43°09'21N 7°50'19"O, 450 m, 26-VIII-2007, beirarṙa, 1 raíña; VII-2011, beirarṙa, 3 raíñas.
— Vila de Guitiriz, Guitiriz, Lugo, 43°10'50"N 7°53'32"O, 460 m, 26-VIII-2007, beirarṙa. 1 raíña.
Coñecida na metade occidental de Eurasia ( Seifert, 2018), e con citas ibéricas en Asturias ( AIM, 2014), Barcelona ( Espadaler, 1987; Espadaler & Roig, 2001; García et al., 2010; Herraiz, 2010), Burgos ( García & Cuesta-Segura, 2017), Cantabria ( Collingwood, 1991), Castellón ( Collingwood, 1991), Girona ( Suñer Escriche, 1991; Schar et al., 2018), Huesca ( Urbieta et al., 1984; Collingwood, 1991; Palanca & Castán, 1994), León ( Cuesta-Segura et al., 2018), Lugo ( Collingwood, 1991; García, 2009), Madrid ( Collingwood, 1991), Navarra ( Tinaut et al., 2010), Palencia ( López, 1988) e La Rioja ( De Haro & Collingwood, 1991) ( Fig. 1d View Fig ). A cita de García et al. (2010) foi dada como L. distinguendus , sendo correxida a L. umbratus por Espadaler & Santamaría (2012).
Lasius umbratus View in CoL é unha especie bastante euritópica, pero evita os medios moi secos ou moi ḣmidos ( Seifert, 2018). Os hospedeiros citados que están presentes tamén en Galicia son L. niger View in CoL , L. platythorax View in CoL e L. brunneus ( Seifert, 2018) View in CoL . En Galicia unha raíña foi observada en Guitiriz tentando a entrada nun niño de L. niger ( García, 2009) View in CoL .
Esta especie é a máis frecuente do subxénero en Europa Central ( Seifert, 2018), ademais de ter unha boa cantidade de citas na Península, e non deixa de ser sorprendente que aínda que as raíñas son capturadas durante os voos nupciais con certa facilidade, o autor non atopara ninġn niño. As raíñas son características por presentar pilosidade longa e apéndices coa sección redondeada (Táb. II; Fig. 3b). A proporción HW/HL da mostra da Vila de Guitiriz é moi baixa, xa que a concavidade do occipucio é moi grande.
Todas as raíñas amosaron os valores esperados para L. umbratus facendo os discriminantes das claves de Seifert (2018). O paso 14, para distinguir L. umbratus e L. distinguendus , non se puido realizar dado que unha das medidas está fora do alcance do material óptico do autor. Porén, como o propio Seifert di nese paso, a dificultade para distinguir entre as ḋas especies dase nos espécimes en que L. umbratus presenta unha pilosidade reducida, que non é o caso das mostras presentadas.
No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.
Kingdom |
|
Phylum |
|
Class |
|
Order |
|
Family |
|
Genus |
Lasius umbratus (Nylander, 1846)
García, Fede 2019 |
L. platythorax
Seifert 1991 |
L. niger
Linnaeus 1758 |